Coquatrix, Godofredo
Peregrino francés. Desempeñou diversos cargos na corte parisiense como o de tesoureiro de Filipe IV o Fermoso. Doou á catedral de Santiago de Compostela un relicario. Trátase dun peza gótica de prata dourada que representa o Apóstolo como peregrino, vestido con túnica longa, os pés espidos, capote pechado con mangas abertas e con fardel, bordón e cunchas gravadas no sombreiro de copa esférica e á ancha. Na man dereita sostén unha lámpada relicario con forma de torre e na esquerda unha cartela na parte superior coa inscrición do doador. Sitúase sobre un pedestal hexagonal decorado con placas esmaltadas que se apoia nas esquinas en figuras de leóns. Inicialmente, a reliquia foi un dente e tralo incendio da capelas das Reliquias en 1921, un fragmento dun óso.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso