Cora
Cora
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural da parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol. As súas armas levan, en campo de prata, unha árbore de sinople, da que penduran cinco corazóns de goles. Outros traen, en campo de azul, unha árbore de sinople, que sae da punta do escudo, perfilado de ouro e da que penduran cinco corazóns de prata.