Cora Más-Villafuerte, Purificación de
Editor, político e xornalista. Comezou a súa carreira política como empregado no ministerio de Fomento e como administrador da Beneficencia Provincial. A partir de 1894 exerceu como concelleiro en Lugo, como deputado provincial pola circunscrición de Mondoñedo-Ribadeo e, durante a etapa liberal, como gobernador civil de Albacete. En 1908 regresou a Lugo e fundou, xunto co avogado Fernando Pardo Suárez, o diario El Progreso. Anque o xornal naceu vinculado ao proxecto liberal de Montero Ríos e García Prieto, dentro da súa segunda década de existencia, o seu fundador decidiu darlle un carácter independente en defensa dos intereses da provincia de Lugo. Dende as súas páxinas promoveu o debate político, a cultura e a modernización da cidade. Posteriormente, entre 1909 e 1913, xunto co goberno de Xosé Canalejas, desempeñou o cargo de gobernador civil en Albacete -por segunda vez-, Ciudad Real e Cuenca. Ao seu regreso foi nomeado presidente do Círculo das Artes da cidade lucense e, despois dunha curta ausencia como interventor da delegación de Facenda de Córdoba, estableceuse definitivamente en Lugo.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santa Cruz do Valadouro -
Deceso
Lugar : Lugo