Cora Rodríguez, Xosé

Cora Rodríguez, Xosé

Xuíz. Ingresou na carreira xudicial en 1951. O seu primeiro destino foi o xulgado de San Vicente de la Barquera, en Cantabria. Posteriormente, exerceu como xuíz en Corcubión, Quiroga e Sarria. Ascendeu a maxistrado en 1961 e pasou a exercer na Audiencia Provincial de Badajoz. En 1963 foi nomeado xuíz especial con xurisdición en toda España para o caso do metílico. De volta a Galicia, exerceu como maxistrado-xuíz nun xulgado ourensán e en 1983 obtivo a praza de maxistrado na Audiencia Provincial de Ourense. Nese mesmo ano foi nomeado presidente da Audiencia Territorial de Galicia, posto que ocupou ata a desaparición deste órgano xudicial en 1989. En maio dese mesmo ano, foi nomeado primeiro presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo Consejo General del Poder Judicial, onde exerceu ata marzo de 1990. Uns meses máis tarde, o Parlamento galego nomeouno valedor do pobo, cargo para o que foi reelixido en outubro de 1995. Estivo no cargo ata febreiro de 2002, vinte meses máis do que lle correspondía por falta de acordo entre as forzas políticas galegas no nomeamento dun substituto.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : O Barqueiro, Mogor, Mañón

  • Falecemento

    Lugar : A Coruña