coracoide
coracoide
(< grκορακοειδής ‘en forma de corvo’)
-
adx
Que ten forma curvada como o peteiro do corvo.
-
adx e s
m
[ANAT]
Cada un dos dous ósos que forman parte da cintura escapular de moitos vertebrados (anfibios, réptiles, aves e mamíferos monotremas) situados na cara ventral por diante das clavículas.
-
apófise coracoide
[ANAT]
Proxección do ángulo anterior da omoplata dos mamíferos, a excepción dos monotremas, que serve para o sostemento e a articulación das extremidades superiores.