2 coral
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao coro.
Ex: O meu avó pertencía a unha agrupación coral.
-
s
f
Conxunto de persoas que compón un coro.
Ex: A coral actuou na igrexa da vila.
-
[MÚS]
-
s
m
Composición musical de carácter relixioso destinada a ser cantada en coro. Usárona sobre todo as igrexas reformadas alemanas nos seus oficios litúrxicos para promover a miúdo a participación dos fieis, por iso tamén recibe o nome de coral luterana. Lutero contribuíu á difusión da música polifónica na súa Igrexa e promoveu, asesorado por poetas e compositores como Johann Walter (1496-1570), a adaptación de fragmentos da Biblia, de textos latinos e salmos ás melodías profanas populares que o pobo coñecía. Seguindo a tradición polifónica alemana, harmonizáronse a catro voces coa melodía confiada á soprano. Destaca o denominado Coral de Lutero, composto por Johann Walter e numerosas coleccións recompiladas, entre outros compositores, por Johannes Eccard (1553-1611) e Sethus Calvisius (1556-1615). Moitos compositores alemáns, en especial J. S. Bach, quen elevou o coral á súa máxima perfección, introduciron corais nas súas obras de dimensións maiores.
-
cantata coral
Cantata que consiste na musicación dun texto coral ou nunha paráfrase parcial do mesmo. Destacan as de J. S. Bach.
-
concerto coral
Peza de carácter sacro baseada nun coral. Entre os seus cultivadores destacan, entre outros, Praetorius, Schein e Scheidt.
-
fantasía coral
Peza para órgano de maior extensión baseada nun coral.
-
fuga coral
Fuga para órgano baseada nunha melodía coral.
-
preludio coral
Composición para órgano que ten por base a melodía dun coral ou que a emprega como suxeito de variacións, concibida como unha introdución ao canto litúrxico. Cultivárona, entre outros, Buxtehude, Bach, Brahms e Reger.
-
s
m