Corbacho Rodal, Lorenzo

Corbacho Rodal, Lorenzo

Canteiro e sindicalista socialista. No primeiro terzo do s XX foi o artífice da implantación da UGT entre o ambiente proletario e mariñeiro do Morrazo no primeiro terzo do s XX. Fundador das primeiras organizacións mariñeiras de clase en Cangas e Moaña, e cabeza visible da folga do ano 1917 na zona, presidiu a Federación Regional de Obreros de la Industria Pesquera de Galicia, de influencia socialista, entre 1914 e 1921. Colaborou na redacción do semanario Nueva Aurora e, no período republicano, exerceu como voceiro da minoría socialista no concello. Morreu asasinado no verán de 1936.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Mourente

  • Deceso

    Lugar : Pontevedra