Corbedo, castelo de
Corbedo, castelo de
Situado en San Pedro de Esperante (Folgoso do Caurel), consérvanse restos da primitiva planta, dos muros e dunha torre circular construído en lousa. Acolleu a Afonso II o Casto e pertenceu a Nuño Peláez, que o doou á orde de Santiago. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.