Corcubión, ría de

Corcubión, ría de

Ría do litoral occidental da Comunidade Autónoma de Galicia, na comarca de Fisterra. Formada sobre granitos en dirección NNO-SSL, ábrese entre a punta Galera (concello de Cee), ao L, e o cabo de Cee (concello de Corcubión), ao O. Os ríos Cee, Laxes e Brens verten as súas augas nela. A profundidade das augas no centro da ría acada 31 m. A lonxitude da ría apenas supera os 5 km (5.200 m), mentres que a súa largura máxima é de 1.600 m. As súas augas bañan o litoral das parroquias de Corcubión e Redonda (no concello de Corcubión) e A Ameixenda, Brens e Cee (no concello de Cee). Constitúe un sector de transición entre o litoral da Costa da Morte e o das Rías Baixas.