Cordeiro Rodríguez, Luís

Cordeiro Rodríguez, Luís

Mestre e político. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como inspector de servizos da consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Concelleiro en Foz dende 1967, accedeu á alcaldía en 1979, pero dimitiu para presidir a Deputación Provincial de Lugo (1979-1983). Por decisión de Antonio Rosón Pérez, foi membro da Comisión dos 16 e participou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia en decembro de 1978. Foi conselleiro da Xunta preautonómica no goberno de José Quiroga Suárez (1979-1982), concelleiro de Lugo e membro da Deputación Provincial (1983-1987). Parlamentario na II lexislatura (1985-1989) pola circunscrición de Lugo, foi vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia dende o 13 de maio de 1986, en substitución de Tomás Pérez Vidal. Entre 1992 e 1994 foi xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e, entre 1994 e 1997, director do gabinete técnico do presidente do Parlamento de Galicia na IV lexislatura. Foi distinguido co título de comendador da Orde do Mérito Agrícola e Civil e coa Medalla de Prata da Cruz Vermella.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Palas de Rei

  • Falecemento