cordo -da

cordo -da

(< lat cordātu‘prudente, sensato’)

  1. adx e s

    Que ou quen presenta normalidade nas súas facultades mentais.

    Ex: Entoleceu e non di ningunha palabra corda. Fai cousas que fan pensar que non está moi corda.

    Antónimos: demente.
  2. adx e s

    Que ou quen pensa e se comporta de xeito reflexivo, prudente e atinado.

    Ex: Malia ser moi nova pódenselle confiar tarefas delicadas porque é moi corda.

Palabras veciñas

cordita | cordite | Cordo | cordo -da | Cordo Boullosa, Manuel | córdoba | Córdoba