Cordo

Cordo
[ONOM]

Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos caracterizados pola súa sensatez. Documéntase no s XIII: “Iohannes Cordu” (doc ano 1206 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 266).