Corella

Corella

Municipio da Comunidad Foral de Navarra, drenado polo río Alhama, situado no val do río Ebro (6.329 h [1996]). A base da súa economía é a industria, que ocupa o 52% da poboación, sobre todo o sector vitivinícola -nunha superficie cultivada que supera as 1.500 ha-, e a fabricación de materiais de construción. Tamén destaca a produción de hortalizas e árbores froiteiras. Do seu patrimonio arquitectónico cómpre salientar as igrexas do Rosario e de San Miguel, a casa dos Escuredo e a Casa-Museo de Arrese. Do antigo castelo de Corella, de principios do s XII, non quedan restos. No antigo convento das monxas beneditinas está o Museo de la Encarnación.