Cori, Gerty Theresa

Cori, Gerty Theresa

Bioquímica. Estudiou medicina na German University de Praga, centro no que se doutorou en 1920. Dous anos máis tarde emigrou a EE UU xunto co seu marido, Carl Ferdinand Cori, con quen traballou no estudo das reaccións enzimáticas do ciclo de Cori, que realizan a conversión do glicóxeno muscular en glicosa, ácido pirúvico e ácido láctico, dos efectos das hormonas na actividade enzimática e no illamento do chamado éster de Cori (α-D-glicosa-1-fosfato). En 1947 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía coa seu marido e con B. A. Houssay polos traballos sobre o metabolismo dos glícidos.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Praga

  • Deceso

    Lugar : Saint Louis