cornáceo -a

cornáceo -a

(< lat científico Cornus +-áceo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás cornáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das cornáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de árbores e arbustos da orde das cornais. De follas simples e opostas, presenta flores actinomorfas, hermafroditas ou unisexuais, reunidas en inflorescencias corimbiformes ou umbeliformes, e froitos en drupa ou baga. Propia de zonas temperadas e frías dos dous hemisferios, reúne 11 xéneros, algúns destes de interese madeireiro ou ornamental, como o Cornus.

Palabras veciñas

Corna, A | cornabude | cornaca | cornáceo -a | cornacha | cornada | cornado