(< corno)
Golpe dado cun corno.
Ex: A vaca deulle unha cornada pero non a feriu.
Ferida ou contusión producida polo corno dun animal.
Ex: O toureiro recibiu unha cornada moi grave na corrida desta tarde.
Estocada que na esgrima se dá dende abaixo cara a arriba.
Vaille dar cornadas ao tren. Expresión que emprega alguén cando está canso de que o amolen.