Cornado
Cornado
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva como armas, en campo de goles, un león de ouro, coroado do mesmo metal; bordo de ouro, con oito flores de lis de azul. Algunha variante trae, en campo de goles, un león rampante de ouro, faixado con tres faixas de goles; bordo de azul, con oito flores de lis de prata.