córnea

córnea

(< lat cornĕa ‘dura comao corno’)

  1. s f [ANAT]

    Parte anterior, clara e transparente, da capa máis externa do ollo, que cobre o iris e a pupila. A córnea é un tecido transparente e avascular formado por un epitelio, unha membrana basal, a membrana de Bowman, un estroma, a membrana de Descemet e un endotelio. Posúe un raio de curvatura maior ca o do resto do globo ocular. Está inervada pola primeira división do trixémino, a través dos nervios ciliares longos e curtos, lagrimal e ramas nasociliares, que penetran ata o epitelio. Para que poida funcionar como unha lente necesita estar cuberta por unha película lacrimal, xa que a superficie do epitelio corneal é irregular. As enfermidades da córnea constitúen a causa máis importante de cegueira.

  2. s f [ANAT]

    Capa máis externa da epiderme, formada por células cargadas de queratina.

Palabras veciñas

cornano -na | Cornatum | Cornazo | córnea | corneana | cornear | Córneas