Cornejo, Xosé

Cornejo, Xosé

Escritor, catedrático e monxe beneditino. Profesou no mosteiro de San Martiño Pinario (23.5.1692) e foi nomeado abade dese mosteiro (1733-1737). Baixo o seu mandato levouse a cabo a catalogación e distribución, pola materia do seu contido, dos fondos do arquivo do mosteiro. Ensinou artes e teoloxía nos cursos de filosofía e teoloxía aos que asistían os monxes. Entre as súas obras, destacan En favor de la Compañía de Jesús, Antigüedad del Monasterio de San Millán y entrada de la Santa Regla beneditina en España e Piezas fugitivas de poesía e comezou a traducir ao castelán, pero non rematou, o Comentario de Calmet a la Santa Regla.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ponferrada

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Compostela