Coro

Coro

Capital do estado de Falcón, Venezuela, no istmo de Médanos (137.040 h [1992]). Importante centro comercial, constitúe un cruce de camiños entre Maracaibo e Puerto Cabello. Tamén destaca como centro administrativo, sede das oficinas rexionais, e universitario, coa Universidad Francisco de Miranda. Nos últimos anos adquiriron grande importancia as actividades turísticas. Fundado por Juan de Ampúes en 1527, foi a capital da provincia de Venezuela e o punto de partida de numerosas expedicións que ían á procura de El Dorado. A UNESCO proclamou o centro histórico da cidade Patrimonio da Humanidade en 1993.