Coro Galego Brétemas e Raiolas

Coro Galego Brétemas e Raiolas

Publicación cultural en galego editada pola agrupación coral do mesmo nome en Bos Aires durante o ano 1958. Subtitulouse “No seu quinto ano de eisistencia” e contaba cun consello de redacción formado por Manuel Cordeiro, Evelio Iglesias e César Quiroga. Incluíu colaboracións de Xosé Neira Vilas, Alberto Vilanova, Leandro Carré Alvarellos e Antón Santamarina, entre outros. Á parte dos traballos literarios, inseriu notas sobre cultura galega en xeral, acompañadas dalgunhas imaxes de persoeiros galegos.