Coronada, La

Coronada, La

Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, drenado polo río Guadiana (2.513 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura (cereais, arroz e tabaco) e a gandería lanar. Fundado no s XIV pola orde de Alcántara, foi poboado a partir de épocas máis tardías. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Bartolomé (s XVI) e as ermidas de Santa Ana e Nuestra Señora de la Piedad, coñecida tamén como Santa María del Zújar.