coronal

coronal

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á coroa.

    Ex: Non se debe mirar directamente a luz coronal durante unha eclipse.

  2. [ANAT]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao óso coronal.

    2. óso coronal

      óso frontal.

    3. sutura coronal

      Sutura articular localizada entre o óso frontal e os dous parietais.

  3. adx [LING]

    Aplícase aos sons que se producen coa coroa da lingua elevada con respecto á posición neutral. Os sons non coronais son os que se producen coa coroa da lingua en posición neutral. N. Chomsky e M. Halle inclúen nas coronais as consoantes dentais, alveolares e palato-alveolares e as vocais retroflexas. Os restantes sons son non coronais. Os sons coronais son, unhas veces apicais, e outras predorsais.