Coronado
Coronado
-
[ONOM]
Forma castelá correspondente ao apelido galego Coroado.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural do lugar de Cornado, en Touro, na comarca de Arzúa. Estendeuse por Castela, onde fundou unha nova casa, e logo pasou a terras americanas. A rama galega trae como armas escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de azul, con cinco flores de lis de ouro, postas en aspa; segundo e terceiro cuartel, en campo de ouro, cunha bandeira de goles. Algunha variante leva, en campo de goles, un león rampante de ouro, faixado de goles; bordo de azul, con oito flores de lis de prata. Outros empregan, en campo de goles, un león rampante de ouro, coroado do mesmo metal; bordo de ouro, con oito flores de lis de azul.