Coronil, El

Coronil, El

Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SL da capital, drenado polo río Guadalete (5.134 h [1996]). Como zona agrícola destacan os cultivos de secaño (viña, oliveiras e algodón). Tamén cómpre salientar a gandería lanar e vacúa. Poboada en época romana, identifícase coa Callet ou Calla do pobo túrdulo. Foi repoboada por Ruy Pérez de Esquivel, quen reedificou no 1381 o castelo de Las Aguzaderas, de orixe árabe.