coroza

coroza

(< lat v *corocĕa, decrocĕu)

s f [ETN]

Peza de palla empregada para protexerse da chuvia. Está feita de palla trenzada ou xuncos e disposta en capas para evitar que entre a auga. Consta de varias partes que se superpoñen: a meirande é a capa de augas, que pode complementarse cunha pequena esclavina; despois está o carapucho, pequena capa con carapucha; e, finalmente, as polainas, feitas de palla trenzada para protexer as canivelas. Esta prenda empregábana moito os arrieiros ourensáns que facían viaxes en todas as épocas do ano, especialmente no inverno. Existe moita semellanza entre a coroza galega e unha peza moi semellante que se utiliza en Irlanda.

Sinónimos