corporación
(< lat corporatiōne)
-
-
s
f
Asociación de persoas ligadas entre elas por unha comunidade de regras, de obrigas ou de privilexios.
Ex: A xuntanza de mozos foi organizada por distintas corporacións relixiosas.
-
s
f
[DER]
Entidade de interese público constituída pola asociación permanente e obrigatoria de persoas físicas e xurídicas para a administración e defensa dos seus intereses. A súa creación e extinción prodúcese por lei ou por disposición administrativa. Ten personalidade xurídica de seu e capacidade para poder levar a cabo os fins que lle son propios. Pode conformarse como entidade de dereito público estritamente ou como entidade suxeita ao dereito privado. Reciben o nome de corporacións, entre outras, os colexios profesionais, as cámaras de comercio, industria e navegación, as cámaras oficiais da propiedade urbana e as comunidades de regadores.
-
corporación municipal
Conxunto dos edís dun concello.
-
s
f
-
retrato de corporación
[PINT]
Retrato de grupo característico da pintura dos Países Baixos. Ten a súa orixe nos retratos que representaban os gardas da cidade nun banquete ou nunha saída, e que se colocaban na sede da corporación. Posteriormente, ampliouse á representación doutros estamentos corporativos. Entre outros destacan A compañía do capitán Frans Banning Cocq, coñecida como A rolda de noite (1642), e Os síndicos do gremio dos paneiros (1662), de Rembrandt; e O banquete dos oficiais de san Xurxo (1616) e Os rexentes do hospicio de anciáns (1664?), de Frans Hals.