Corral Pérez, Juan Manuel

Corral Pérez, Juan Manuel

Avogado e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, estudiou Filosofía e Letras en Madrid. Foi letrado sindical por oposición (1965-1967), director xeral técnico do Goberno Civil de Pontevedra (1977-1979), coordinador (1979-1981) e director (1986-1996) de relacións laborais en Citröen Hispania SA, coordinador da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) en Galicia (1980-1982) e presidente da Autoridade Portuaria de Vigo (1996-1999). Iniciou a súa vida política como concelleiro de Vigo (1971-1973). Xa como membro do Partido Popular (PP), exerceu como conselleiro de Traballo, Seguridade Social e Emigración (1982-1986), baixo a presidencia de Xerardo Fernández Albor. Foi deputado do Parlamento galego (1985-1989) e voceiro do grupo municipal do PP no concello de Vigo (1999-2001). No 2000 foi nomeado senador autonómico e ocupou a vicepresidencia primeira da comisión de Medio Ambiente.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : O Carballiño