Corrales, Los
Corrales, Los
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado no límite coa provincia de Málaga (4.140 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura de secaño (cereais e oliveiras) e a gandería. A súa orixe está nas explotacións gandeiras do ducado de Osuna. En Cortijo de Repla descubríronse restos dunha fortificación e de cerámicas romanas.