Correa Calderón, Evaristo

Correa Calderón, Evaristo

Escritor. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi lector na Universidade de Toulouse e exerceu a docencia e a crítica literaria. Colaborador en numerosas publicacións (Cuadernos de Literatura, Arte Español, Revista de Occidente), foi articulista do ABC, redactor-xefe de El Pueblo Gallego, dirixiu a revista Ronsel e codirixiu Transit. Estudiou a Baltasar Gracián e publicou as súas Obras completas en 1944. Da súa produción prosística destaca Luar (1923), que inclúe os “tres contos galaicos”: “Romaxe”, “A perdida” e “Gárgolas”, posteriormente incluídos en La noche céltica (1955); El milagro y la rosa (1924); Conceición singela do Ceo (1925); Notas para un magisterio idealista (1926); Margarida a da sorrisa de aurora (1927); Índice de utopías gallegas (1929); e Teoría de la Atlántida y otras historias fabulosas (1959). No eido da poesía publicou Ontes (1924).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Neira de Xusá, actual Baralla

  • Deceso

    Lugar : A Pobra de Trives