Correa Fernández, Antonio
Médico e xornalista. Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1888 e doutorouse en Madrid ao ano seguinte. Exerceu como médico en Furís, na súa terra natal, e posteriormente en Lugo. Colaborou cos xornais El Lucense, La Idea Moderna e El Regional, e a partir de 1900 fundou e dirixiu El Monitor de Becerreá. Escribiu tamén artigos médicos para as publicacións El Siglo Médico e El Diario Médico-Farmacéutico. Publicou, entre outras obras: Los contrastes de la vida (1888), Topografía médica de la provincia de Lugo (1891), Estudio médico de los insectos nocivos al hombre (1894), Los pecados y vicios capitales en el concepto médico, social y religioso (1898), El contagio de la tisis (1899), Historia fin de siglo (1902) e La poesía popular en Galicia. Colección de cantares en variedad de metros (1906). Foi académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Barcelona (1891) e da Real Academia de Medicina de Madrid (1894).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Baralla -
Deceso
Lugar : Lugo