Correas, Gonzalo
Filólogo. Foi catedrático de Grego, Caldeo e Hebreo na Universidad de Salamanca. Continuador da obra de Antonio de Nebrija, é autor de Arte de la lengua española castellana (1625), coñecida tamén co título de Arte grande de la lengua castellana (1626), que contén un avance da súa proposta ortográfica para o castelán coa inserción dun capítulo sobre unha “nueva i zierta ortografía kastellana”. Tamén escribiu un Trilingüe de tres artes de las lenguas castellana, latina i griega, todas en romance (1627), Vocabulario de refranes y otras fórmulas comunes de la lengua castellana (1627-1630) e Ortografía kastellana, nueva i perfecta (1630). Nesta última obra propón unha ortografía fonética para adaptar a escritura á pronuncia real. Propuña un rigoroso sistema de alfabeto fonético de 25 letras “para ke la ortograsfía salga de la esklavitud en ke la tienen los que estudiaron latín”. Substitúe a letra c e a q por k, e elimina a y (escribe io), a j (en favor da x: xinete) e a h. O g só representa o son sonoro (gato) e segue a pronuncia popular no caso dos grupos consonánticos latinos, que quedan simplificados (esortazion, oxezion).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Jaraíz de la Vera, Cáceres -
Deceso
Lugar : Salamanca