correspondente

correspondente

(< corresponder)

  1. adx

    Que corresponde ou garda relación de conformidade mutua con algunha cousa que lle é propia.

    Ex: Os gastos correspondentes ó mes de xaneiro sobrepasan os orzamentos previstos. O exercicio consiste en relacionar os substantivos con cadanseu cualificativo correspondente. Cómpre colocar cada peza no lugar correspondente.

  2. adx

    Aplícase ao membro dunha corporación ou entidade coa que colabora por correspondencia ao non ser un compoñente fixo dela.

    Ex: É un dos correspondentes máis apreciados da Real Academia das Ciencias.

  3. adx e s

    Que ou quen ten correspondencia cunha persoa ou corporación.

  4. adx e s

    Comerciante que representa unha firma mercantil nunha localidade distinta daquela na que ten o seu domicilio a casa representada.

  5. adx e s

    Xornalista que envía informacións ao seu periódico, emisora de radio ou televisión dende outro lugar ou país.

Formas incorrectas

corresponsal