Corrientes
Corrientes
Capital da provincia de Corrientes, Arxentina, na marxe esquerda do río Paraná (258.103 h [1991]). É a cabeza dunha rexión agrícola fértil, onde destacan os cultivos de arroz, cítricos, soia, tabaco e algodón. As principais industrias son as arroceiras, os estaleiros, as de procesamento de alimentos e as conserveiras de carne. A cidade fundouna en 1588 Juan Torres de Vera, quen a bautizou como San Juan de Vera de las Siete Corrientes. Do seu patrimonio cómpre destacar o Monumento a las cautivas do Parque Mitre e os murais que decoran a cidade, entre os que sobresae El mural de la Correntinidad, no muro da ponte General Belgrano.