corrixidoría

corrixidoría
s f [HIST]

Territorio de xurisdición do corrixidor. Xurdiu como demarcación territorial a partir dos Reis Católicos. Cada unha estaba constituída por unha cidade, que actuaba como capital, e a súa correspondente tierra ou alfoz. Este sistema aplicouse exclusivamente ao reguengo, polo que quedaron excluídos os señoríos. Xa en tempos dos Reis Católicos houbo unha rede de corrixidorías en Castela, especialmente ao N do Tajo, onde se localizaban os municipios máis poderosos. Pola contra, é significativa a súa escaseza en Galicia e nas rexións murciana e estremeña. Non constituíron un modelo eficaz de división administrativa, por mor da cantidade de señoríos e vilas libres que quedaron fóra da súa xurisdición. En 1610, o Consello de Castela agrupounas en cinco partidos e a superintendencia destas asignóuselle á Sala de Gobernación do Consello de Castela. O Decreto de Nueva Planta estendeu o sistema aos reinos da Coroa de Aragón, polo que aumentaron a dez o número de partidos. A partir das Cortes de Cádiz, estas funcións asumíronas os xuíces e os alcaldes.

Palabras veciñas

corrixibilidade | corrixible | corrixidor | corrixidoría | corrixir | corriza | corroboración