corromper
(
-
v t
Alterar unha substancia facendo que se volva putrescente e insalubre.
Ex: A calor corrompe o peixe se non está na neveira.
Sinónimos: apodrentar, descompoñer, podrecer. -
v t
Impurificar a atmosfera e a auga contaminándoas.
Ex: Os gases contaminantes corrompen a atmosfera.
Sinónimos: contaminar. -
v t
Desviar a alguén da rectitude e do deber moral.
Ex: Os novos costumes corrompen a xente.
Sinónimos: perder, perverter, viciar, perder. -
v t
Inducir a un xuíz ou a outra autoridade pública a actuar contra a legalidade.
Ex: Corromper a un xuíz con cartos é o delito máis obsceno que pode acontecer nun estado de dereito.
Confrontacións: subornar. -
v t
Manter relacións sexuais cun menor de idade.
Ex: Está no cárcere porque corrompeu a un menor.
-
v t
Alterar unha persoa as características propias dalgunha cousa.
Ex: Os copistas medievais corromperon os antigos textos.
-
v pron
Estragarse algo ata podrecer.
Ex: A carne corrómpese máis axiña no verán ca no inverno.
-
v pron
Impurificarse a auga ou o ambiente.
Ex: A auga encorada demasiado tempo corrómpese e perde a súa potabilidade.
-
v pron
Separarse dos principios morais.
Ex: Corrompeuse desde que anda coas novas amizades.
-
v pron
Comportarse de maneira ilícita por diñeiro.
Ex: Os funcionarios corrompéronse por catro pesos.
-
v pron
Alterar algu-nha cousa, especialmente unha lingua, a súa forma orixinal.
Ex: O latín corrompeuse e deu lugar ás distintas linguas romances.
Palabras veciñas
corroborativo -va | corrobra | corroer | corromper | corrompible | corrompido -da | corroscoIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles corrompo
corrompes
corrompe
corrompemos
corrompedes
corrompen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles corrompía
corrompías
corrompía
corrompiamos
corrompiades
corrompían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles corrompín
corrompiches
corrompeu
corrompemos
corrompestes
corromperon
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles corrompera
corromperas
corrompera
corromperamos
corromperades
corromperan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles corromperei
corromperás
corromperá
corromperemos
corromperedes
corromperán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles corrompería
corromperías
corrompería
corromperiamos
corromperiades
corromperían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles corrompa
corrompas
corrompa
corrompamos
corrompades
corrompan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles corrompese
corrompeses
corrompese
corrompesemos
corrompesedes
corrompesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles corromper
corromperes
corromper
corrompermos
corromperdes
corromperen
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
corrompe
-
-
corrompede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles corromper
corromperes
corromper
corrompermos
corromperdes
corromperen
corrompida
corrompidos
corrompidas