descompoñer
(
-
v t
Separar algunha cousa nos elementos que a compoñen.
Ex: Descompuxo a substancia no laboratorio. Descompuxo a oración en partes.
Sinónimos: descompor. Confrontacións: analizar. -
v t
Alterar un corpo orgánico mediante un proceso de putrefacción.
Ex: A calor descompuxo os cadáveres.
Sinónimos: corromper, descompor. Confrontacións: apodrentar. -
v t
Facer perder a boa disposición ou organización dalgunha cousa.
Ex: Descompuxo o roupeiro todo e non encontrou o que buscaba. A chuvia descompuxo os nosos plans. Quixo mellorar o nó da gravata e descompúxoa aínda máis.
Sinónimos: descompor. -
v t
Facer que unha cousa deixe de funcionar ben.
Ex: Andou na máquina de coser e descompúxoa toda.
Sinónimos: derramar, desbaratar, descompor, estragar. -
v t
Facer saír do seu sitio un óso.
Ex: Xogando o partido déronlle unha patada e descompuxo o nocelo.
Sinónimos: derrancar, desartellar, desarticular, descompor, desconxuntar, desensortellar, desortellar, dislocar, escordar, esnogar. -
v t
Causar algo diarrea a alguén.
Ex: A maionesa descompúxoo e estivo tres días mal.
Sinónimos: descompor. -
v t
Facer perder a serenidade.
Ex: Saber a nova da morte de súa nai descompúxoa.
Sinónimos: descompor. -
v pron
Separarse as diversas partes dalgunha cousa, especialmente dunha substancia.
Ex: O carbonato cálcico descomponse co ácido sulfúrico. As nubes descompuxéronse co sol.
-
v pron
Botarse a perder unha cousa ou alterarse a súa natureza.
Ex: Os alimentos descompóñense rapidamente no verán.
-
v pron
Alterarse a organización ou boa disposición de algo.
Ex: Coa crise descompúxose o proxecto de formar unha empresa. Descompúxose todo o palleiro cando choveu.
-
v pron
Deixar de funcionar algo.
Ex: Descompúxose a máquina de escribir de vella que era.
-
v pron
Separarse un óso do seu sitio nunha articulación.
-
v pron
Ter diarrea.
Ex: Descompúxenme porque comín moitas ameixas.
-
v pron
Perder a serenidade por algo.
Ex: No enterro non podía máis e descompúxose ó ver o cadaleito.
Palabras veciñas
descompensar | descompoñedor | descompoñedura | descompoñer | descompor | descomposición | descomposto -taIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descompoño
descompós
descompón
descompoñemos
descompoñedes
descompoñen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descompoñía
descompoñías
descompoñía
descompoñiamos
descompoñiades
descompoñían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descompuxen
descompuxeches
descompuxo
descompuxemos
descompuxestes
descompuxeron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descompuxera
descompuxeras
descompuxera
descompuxeramos
descompuxerades
descompuxeran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descompoñerei
descompoñerás
descompoñerá
descompoñeremos
descompoñeredes
descompoñerán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descompoñería
descompoñerías
descompoñería
descompoñeriamos
descompoñeriades
descompoñerían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descompoña
descompoñas
descompoña
descompoñamos
descompoñades
descompoñan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descompuxese
descompuxeses
descompuxese
descompuxesemos
descompuxesedes
descompuxesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descompuxer
descompuxeres
descompuxer
descompuxermos
descompuxerdes
descompuxeren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
descompón
-
-
descompoñede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descompoñer
descompoñeres
descompoñer
descompoñermos
descompoñerdes
descompoñeren
descomposta
descompostos
descompostas