descomposición

descomposición

(< descompoñer)

  1. s f

    Acción e efecto de descompoñer(se) ou descompor(se).

  2. s f

    Evacuación frecuente de feces en estado líquido ou semilíquido.

    Ex: Colleu unha descomposición porque as ostras estaban en mal estado.

    Sinónimos: diarrea. Confrontacións: cagarría, furrica, furriqueira.
  3. [MAT]
    1. descomposición dun polinomio

      Expresión dun polinomio como produto dos polinomios de grao menor. Se esta descomposición é posible nun corpo K, o polinomio é redutible; no caso contrario é irredutible, ou primo sobre o corpo K. No caso de L[x], todo polinomio de grao n admite unha descomposición en produto de n monomios, propiedade que demostra que L é un corpo alxebricamente pechado, de xeito que os polinomios irredutibles de L[x] son os de grao 1.

    2. descomposición en factores irreductibles

      Descomposición característica dos elementos dun tipo de anel denominado anel factorial.

    3. descomposición en factores primos en

      M Propiedade do conxunto dos números enteiros M segundo a que todo número enteiro non nulo pode expresarse dunha maneira única na forma b=s(p 1 ) a1 ... (p n ) an , onde s=1 ou -1, os p i son números diferentes e os a i son números naturais non nulos.

  4. s m [QUÍM]

    Proceso polo que unha molécula dunha substancia composta se rompe noutras máis simples e, ás veces, chega a acadar os átomos compoñentes.

  5. s f [BIOL]

    Degradación metabólica da materia orgánica en compostos simples, orgánicos e inorgánicos, que produce liberación de enerxía.

  6. s f [LING]

    segmentación.

Palabras veciñas

descompoñedura | descompoñer | descompor | descomposición | descomposto -ta | descompostura | descompracente