descomposición
(< descompoñer)
-
s
f
Acción e efecto de descompoñer(se) ou descompor(se).
-
s
f
Evacuación frecuente de feces en estado líquido ou semilíquido.
Ex: Colleu unha descomposición porque as ostras estaban en mal estado.
Sinónimos: diarrea. Confrontacións: cagarría, furrica, furriqueira. -
[MAT]
-
descomposición dun polinomio
Expresión dun polinomio como produto dos polinomios de grao menor. Se esta descomposición é posible nun corpo K, o polinomio é redutible; no caso contrario é irredutible, ou primo sobre o corpo K. No caso de L[x], todo polinomio de grao n admite unha descomposición en produto de n monomios, propiedade que demostra que L é un corpo alxebricamente pechado, de xeito que os polinomios irredutibles de L[x] son os de grao 1.
-
descomposición en factores irreductibles
Descomposición característica dos elementos dun tipo de anel denominado anel factorial.
-
descomposición en factores primos en
M Propiedade do conxunto dos números enteiros M segundo a que todo número enteiro non nulo pode expresarse dunha maneira única na forma b=s(p 1 ) a1 ... (p n ) an , onde s=1 ou -1, os p i son números diferentes e os a i son números naturais non nulos.
-
descomposición dun polinomio
-
s
m
[QUÍM]
Proceso polo que unha molécula dunha substancia composta se rompe noutras máis simples e, ás veces, chega a acadar os átomos compoñentes.
-
s
f
[BIOL]
Degradación metabólica da materia orgánica en compostos simples, orgánicos e inorgánicos, que produce liberación de enerxía.
-
s
f
[LING]
segmentación.