Corsini, palacio
Corsini, palacio
Edificación situada en Roma, foi orixinariamente o palacio Riario. No 1736 adquiriuno o cardeal Neri Corsini e transformouno segundo as trazas ditadas por Ferdinando Fuga. En 1833 pasou a pertencer ao goberno italiano. Foi residencia da Raíña Cristina de Suecia. O interior destaca pola súa sobriedade mentres que o exterior descobre a escenografía barroca. O legado de Tommaso Corsini foi o núcleo que formou a Galleria Nazionale d’Arte Antica, situada entre este palacio e o palacio Barberini. É sede da Accademia Nazionale dei Lincei.