1 corso
(
-
s
m
[HIST]
Campaña naval emprendida por particulares, provistos dunha patente ou autorización concedida polo seu goberno, contra as naves inimigas ou a piratería, coñecida como patente de corso. Desde a Idade Media empregouse amplamente nas guerras entre os estados marítimos. As grandes escuadras estatais, encargadas das grandes operacións contra as flotas ou as costas inimigas, reuníanse con moita dificultade e resultaban moi custosas; pola contra, a persecución da mariña mercante inimiga, a hostilidade das costas, etc, facíanse a cargo de naves armadas en corso, que se esforzaban na súa tarefa polos considerables beneficios que obtiñan cos botíns e que non pesaban sobre as finanzas estatais. Rematada a campaña, podían vender en almoeda o botín conseguido, coa autorización previa dun oficial real, e debían liberar unha parte para o rei. A guerra en corso foi case constante entre musulmáns e cristiáns durante séculos. Para evitar os abusos e as desviacións cara á piratería, regulamentouse o armamento dos buques en corso xa desde os ss XIII e XIV mediante leis e acordos, como as Leis de Pisa (1289), de Xénova (1313 e 1316), os acordos da Liga Hanseática (1363, 1364 e 1382) ou as Ordenanzas de corso de Francia (1584), Holanda (1597 e 1622) ou Inglaterra (1707). O corso español foi regulamentado por Pedro de Aragón en 1356, e trala chegada a América, os Reis Católicos emitiron unha pragmática que consideraba piratas aos corsarios e que sería abolida por Carlos I en 1521. A maior parte dos estados aceptaron a abolición do corso no Congreso de París de 1856 (en España non se suprimiu legalmente ata 1908).
-
armar en corso
[HIST]
Dispoñer convenientemente un buque mercante para accións de guerra.
-
patente de corso
-
[HIST/DER]
Permiso que se lle concede a alguén para realizar unha acción xurídica. Ten a súa orixe na autorización que se outorgaba para a guerra marítima, que se concedeu durante os ss XVII e XVIII e que permitía a un buque comercial dun país a presa e captura dos buques que exercían o comercio marítimo inimigo e incluso neutral.
-
Autorización que permite actuar de acordo coa da lei do máis forte, sen atender á norma nin aos dereitos dos demais, seguindo a teoría de que o fin xustifica os medios.
-
[HIST/DER]