cortado -da

cortado -da

(< cortar)

  1. p reg

    de cortar ou cortarse.

  2. adx

    Aplícase ao estilo dun escritor formado por períodos curtos e oracións independentes ou unidas por nexos copulativos.

  3. adx e s

    Café ao que se lle engaden unhas pingas de leite.

    Ex: Pediu un café cortado ao chegar ao bar. Sempre toma un cortado como sobremesa.

  4. adx [HERÁLD]

    Aplícase ao escudo dividido en dúas partes iguais por unha liña horizontal.

Palabras veciñas

cortacircuítos | cortada | cortadela | cortado -da | cortador -ra | cortadoría | cortadura