cortado -da
cortado -da
(< cortar)
-
p reg
de cortar ou cortarse.
-
adx
Aplícase ao estilo dun escritor formado por períodos curtos e oracións independentes ou unidas por nexos copulativos.
-
adx e s
Café ao que se lle engaden unhas pingas de leite.
Ex: Pediu un café cortado ao chegar ao bar. Sempre toma un cortado como sobremesa.
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase ao escudo dividido en dúas partes iguais por unha liña horizontal.