Cortapezas, Santa María de

Cortapezas, Santa María de

Igrexa parroquial situada en Portomarín. Pertenceu á encomenda de San Xoán de Portomarín. Da primitiva igrexa románica de finais do s XII só se conserva a porta principal con dúas arquivoltas de medio punto peraltadas, a maior apoiada sobre un par de columnas acobadadas e rodeada dunha chambrana de billetes en axadrezado. Os capiteis substituíronse nunha reforma posterior e non se conserva o tímpano.