cortello
cortello
(< lat cohorticŭlu‘curral pequeno’)
-
s
m
Corte de reducidas dimensións, especialmente a destinada a porcos e cuxos.
Ex: Temos que estrar o cortello para os novos bacoriños.
Confrontacións: cubil, porqueira. -
s
m
Lugar desorganizado e sucio.
Ex: Aquel piso é un cortello infecto.
Sinónimos: cubil.
Frases feitas
-
Alborotar o cortello. Excitar ou turbar os ánimos.
-
Facer alguén o cortello antes de ter o becerro. Facer algunha cousa ao revés da orde lóxica ou de xeito precipitado.
-
Non cheirar alguén o cortello. Aplícase a quen está inseguro ou tímido. OBS: Emprégase en pretérito.