cortello

cortello

(< lat cohorticŭlu‘curral pequeno’)

  1. s m

    Corte de reducidas dimensións, especialmente a destinada a porcos e cuxos.

    Ex: Temos que estrar o cortello para os novos bacoriños.

    Confrontacións: cubil, porqueira.
  2. s m

    Lugar desorganizado e sucio.

    Ex: Aquel piso é un cortello infecto.

    Sinónimos: cubil.

Frases feitas

  • Alborotar o cortello. Excitar ou turbar os ánimos.

  • Facer alguén o cortello antes de ter o becerro. Facer algunha cousa ao revés da orde lóxica ou de xeito precipitado.

  • Non cheirar alguén o cortello. Aplícase a quen está inseguro ou tímido. OBS: Emprégase en pretérito.