Cortes Bugía, Fernando
Escultor, pintor e político. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi discípulo de Isidoro Brocos e de Román Navarro. A súa vida artística estivo ligada a esta escola, na que exerceu como profesor dende 1907, como director dende 1931 e como director honorario dende a súa xubilación en 1945. Realizou esculturas públicas, como os bustos de Pondal e Murguía na Coruña e a estatua dos irmáns García Naveira en Betanzos, ademais de numerosas placas conmemorativas. A súa obra pictórica amosa a minuciosidade característica dun ilustrador, labor que desenvolveu en La Voz de Galicia. Membro da Agrupación Socialista da Coruña, foi elixido concelleiro en 1913, aínda que renunciou ao cargo aos sete días. Foi membro da Real Academia Galega (1909) e da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Betanzos -
Deceso
Lugar : A Coruña