Cortés Rivas, Celia
Pintora. Instalouse en Monforte de Lemos, estudiou na Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid e, posteriormente, en Barcelona. Recibiu unha bolsa da deputación de Lugo en 1961 que lle permitiu trasladarse a París, onde se formou con André Lhote e Poliakoff; ademais, estudiou cerámica con Rosso. Realizou as pinturas murais do claustro do mosteiro de San Xián de Samos e as da cúpula da igrexa de San Salvador de Seoane, en Monforte de Lemos. Realizou as ilustracións de Andrómenas: cinco obras (1961), Chacuecadas: catro obras (1961) e O Borio. Comedia en tres actos (1961), todas de José Ibañez Fernández, e de Historia de Monforte y su tierra de Lemos (1970-1972), de Germán Vázquez. Entre os premios que recibiu destacan o premio Foyer des artistes Boulevard de Montparnasse, Ville de París e as medallas do Salón de Otoño de Madrid de 1960 e 1961.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Toledo