cortesán -sá

cortesán -sá

(< fr courtisan < ital cortigiano)

    1. adx

      Relativo ou pertencente á corte dun monarca.

      Ex: A vida cortesá está chea de intrigas de poder.

    2. letra cortesá [ARQUIV]

      Letra oficial da corte de Castela durante os ss XIV e XV. Derivou da denominada albalaes, e foi unha evolución das góticas cursivas. Caracterízase por un dutus moi uniforme, pola ruptura das palabras e pola grande abundancia de nexos. Empregouse basicamente nas chancelerías, de onde desapareceu no s XV, desbancada polos tipos italianos. Nos documentos privados evolucionou cara á letra chamada procesal.

  1. s

    Persoa que forma parte da corte do rei.

    Ex: O rei mandou executar a tres cortesáns por traizón.

  2. s f

    Prostituta culta, elegante e refinada.