Cortesán, O
Cortesán, O
Obra de Baldassare Castiglione publicada en 1528. Ten a forma dun diálogo entre cabaleiros e damas da Corte de Urbino, cunha acción que acontece en 1507. Os dous primeiros libros tratan das calidades do perfecto cortesán; o terceiro, das damas da corte; e o cuarto, do oficio do cortesán ao carón do príncipe. Foi traducido ao castelán por Juan Boscán en 1534.